A era da cultura dixital e o fenómeno TIC. Competencias dixitais, novos recursos e ferramentas para a educación en Humanidades.

O artigo fai unha breve introdución á cultura dixital, ás novas tecnoloxías da información (TIC) e ás competencias dixitais, así como aos novos medios tecnolóxicos e recursos xurdidos nas últimas décadas. Finalmente, referirémonos á súa aplicación especialmente á educación no ámbito das humanidades.